Mundo á parte

04 junio, 2006

H2O salgado


O venres fomos por primeira vez á praia, á mesma que aparece nas fotos e que se chama Praia do Vilar. É a praia favorita de Mariquinha e creo que non lle podemos negar o bo gusto. Foi unha tarde estupenda, porque só con ver o mar, as catro amigas que fomos puxémonos de moi bo humor. E máis aínda cando comprobamos o boa que estaba a auga. Rematamos para o arrastre, pero ningunha de nós cambiaría esa tarde que pasamos mergulladas nas ondiñas e nos raios do sol por quedar na casa descansando. De feito, estamos barallando se podemos volver o luns...
O mar é... non sei. É vida, é liberdade, saúde, beleza... podería dicir que é tantas cousas fermosas... Envexo á xente que ten o océano preto, que o pode ver polas mañás cando se ergue ou pasear pola ribeira cando cae a noite. Menos mal que, de vez en cando, hai ocos para escapar xunto a el. Non sei. O mar é do máis marabilloso que existe. Só penso en volver axiña.

2 Comments:

  • At 4:53 p. m., Blogger acedre said…

    Eu tamen quero ir pronto.

     
  • At 1:07 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Que envidia, Sariña!!
    Eu teño unhas ganiñas, a ver se o último fin de semana de xuño imos á Coru onde a Iria. Eu sigo branca como a nata, por certo, o bronceado ecolóxico funciona, moi contenta co resultado!!!

     

Publicar un comentario

<< Home