Mundo á parte

30 junio, 2006

Despois de...

Volvo despois de rematar o último exame de terceiro.
Volvo despois de despedirme dos meus compañeiros e amigos de clase (vouvos botar de menos -e sei que falta xente nas fotos!!) tras unha cea e unha noite nas que nos xuntamos os cincuenta e pico de sempre.
Volvo despois dun primeiro contacto co lugar onde pasarei xullo e agosto: a redación de Galicia Hoxe.Non é nin radio nin tele, cousa que prefería, pero estou moi contenta e ilusionada de todos os xeitos, e tamén, como non, asustada. Menos mal que teño a María e a Alba para apoiarnos...
E tamén volvo despois dun día sen pensar en nada e doutro de praia, que hai que aproveitar os catro días de vacacións que quedan. Comprendes por que non renovei antes, ¿verdade?

Aínda nos quedan un par de días para despreocuparse de todo. E despois... iremos contando que tal nos vai.

7 Comments:

  • At 3:05 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Eres como un sueño que no recordamos, pero que nos hace despertar alegres".
    Agrégame al Messenger: jfrancisco70@hotmail.com
    francisco

     
  • At 4:17 p. m., Blogger *Sara said…

    ???????????

     
  • At 10:58 p. m., Blogger cneirac said…

    Sorte coa experiencia! Será moi interesante ao final do verán ouvirte ou lerte contando ás túas impresións sobre o funcionamento dun minixornal por dentro.

     
  • At 11:27 p. m., Blogger *Sara said…

    Grazas pola info, Iria.
    E a ti, Calidonia, graciñas por desexarme sorte, que a vou precisar... Estou nerviosa, pero ilusionada. As miñas impresións xa as irei deixando aquí pouco a pouco (imaxino que María tamén), a ver se teño cousas interesantes para contar. Oxalá sexa así. :)

     
  • At 1:02 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Moita sorte sara!

     
  • At 5:47 p. m., Blogger acedre said…

    Sorte para ti e a túa curmá nesta andaina.
    Un saúdo.

     
  • At 12:20 a. m., Blogger *Sara said…

    Grazas Acedre, volve prontiño!!!

     

Publicar un comentario

<< Home