Mundo á parte

31 mayo, 2006

A practicar, pois



Levo semanas sen ver pouco máis que as catro paredes de Siza mailas da miña casa, e todo por esas prácticas finais que nos poñen de tan bo humor tanto a alumnos como a profesores. E é que cando don Estrés aparece...
Afortunadamente, só quedan tres días de clase... pero, en fin, o día 5 xa comezo os exames. Só penso en que chegue dunha vez este venres, porque como faga bo día, marcho correndo para a praia. ¡Necesítoo! Sobre todo, sabendo que este verán seguramente vou ser explotada por algunha empresa informativa namentres o persoal fixo está de vacacións.
É que esa é outra. Por se aínda non tiña demasiadas cousas nas que pensar, teño que decidir antes de venres onde vou pedir para facer as outras prácticas. Gustaríame radio ou televisión, pero a oferta en Santiago non é moi variada que digamos. En todo caso, a prensa non me disgusta...
O peor disto é que se non son uns, son outros, pero todos acaban dándoche referencias regulares, malas ou moi malas de todas as empresas. Só teño clara unha cousa: os únicos que respectan os horarios son os da Xunta, como bos funcionarios que son, jeje. O resto, uns máis, outros menos, acaban contigo...
O que teño claro é que quero aprender. Gustaríame que non fose a base de man dura, senón duns límites horarios e laborais "normais". Se vou quedar sen verán, non quero que sexa para servir cafés nin para facer fotocopias, pero tampouco para currar catro horas máis do establecido. Aínda que, se me pasa, como a moitos, non terei máis remedio que aturalo, porque sei que a vida non está por regalarche nada.

4 Comments:

  • At 9:21 a. m., Blogger Elianinha said…

    AGN respecta os horarios, pero polo resto...

     
  • At 5:50 a. m., Blogger acedre said…

    A ultima linha que escribiches e verdade. Pero, tranquila que non ha de ser tan malo.

     
  • At 11:04 a. m., Blogger Unknown said…

    Eu tamén tiña esas ilusións, ata que o xefe dixo:
    -¿Seis horas ó día? Estes das Universidades non teñen nin idea...Ou queren que marches cunha noticia a medio facer?

     
  • At 2:12 p. m., Blogger Elianinha said…

    Que saibas que a partir deste verán non volverás ver nada do mesmo xeito. Ou che encanta ou o detestas, ou che vai ser indiferente.

     

Publicar un comentario

<< Home