Mundo á parte

17 mayo, 2006

"Porque me sae de dentro"

Antes de nada, aproveito para dicir que teño problemas co meu ordenador e esa é a razón principal de que teña isto medio abandoado, á parte de que na facultade nunca teño tempo para poñerme a escribir nada (estamos ata arriba de traballo).
Ata que nos amañen o problema, só son quen de estar conectada un par de minutos seguidos. Non obstante, non quería deixar de escribir nun día coma hoxe, así que aproveito para poñer algo breve: unha cita de Castelao que penduraron nunha gran “lingua galega” de cartón na miña facultade, ademais de repartir piruletas con máis citas do artista (boa iniciativa, en tódolos sentidos). As verbas escritas nesa gran lingua penso que poñen de manifesto a importancia do galego, alomenos, para min:

“Se aínda somos galegos, é por obra e gracia do idioma”

Síntome moi orgullosa de falar unha das linguas máis fermosas do mundo. E “fáloa porque si, porque me gusta porque me peta e quero e dáme a gana, porque me sae de dentro, alá do fondo (...) e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo unha historia contada noutra lingua”.

5 Comments:

  • At 4:13 p. m., Anonymous Anónimo said…

    ISO É, SE SOMOS GALEGOS É POR ALGO:

    MAIS TODOS NÓS BEN SABEMOS
    AINDA NOS SOBRA MEMORIA
    CORENTA ANOS DE SILENZO
    NON ENTERRARON A HISTORIA

     
  • At 10:51 a. m., Blogger Unknown said…

    xa sei que non son a máis indicada para dicilo, pero é unha pena que só se lle preste atención ás nosas letras un día o ano. Hai que estar orgullosos 365! ;P

     
  • At 3:08 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Hi Blogger, CONOCIDO que estoy practicando surf hoy
    para una buena experiencia del blog en descargar música y
    encontré su gran sitio. El no era
    exactamente lo que lo buscaba recibí mi atención e
    interés. Ahora veo porqué encontré su Web site
    inventivo cuando buscaba para la información
    relacionada descargar música y estoy alegre yo encontré su
    sitio aunque su no un hallazgo exacto. Poste
    excelente, gracias por leído.

     
  • At 4:47 a. m., Blogger acedre said…

    Mui ben dito, Sara.
    Preguntabas polo significado da frase mexicana aquela e preguntei na fabrica. Chamanlle tortas as mulleres e chesco e refresco de beber enton a frase quere dicir que cando hai mulleres ninguen fai caso dos refrescos.
    Dixeronme outra cando miran unha rapaza xeitosa: Con esa carne me olvido hasta de los frijoles.
    Un saudo.

     
  • At 4:04 p. m., Blogger Elianinha said…

    Moi ben,sara. Polo menos que se lle faga caso un día, que se imprima a prensa en galego, para demostrar que as linotipias non se escarallan ao facelo, e que a xente saber ler tamén en galego. Aínda escoitaba o outro día a un paisano nun bar dicindo que "el gallego sólo existe en los despachos", e pensei en levantarme e ir ata a súa mesa (estaba nun bar, faltábame contextualizar) para dicirlle: "Señor, logo eu falo unha lingua inventada ou levo vinteún anos enganada?" Finalmente non o fixen, xa ves, que valente, pero SE ME ESTÁ LENDO, SAIBA QUE O ÍA FACER, A VER EN QUE DESPACHOS TRABALLA VOSTEDE. Incluso podería chamarlle fascista, que mo está pegando Acebes (que curioso...).

     

Publicar un comentario

<< Home