Teatrofilia III
¿Algunha vez falei desta mostra de “amor ó teatro” no blog? Non sería raro, pero creo que nunca lle dediquei un post en exclusiva.
Hai tres anos Teatrofilia era un soño. Un soño que se fixo alcanzable gracias á persoa que nos descubriu a paixón polas táboas. “Tres fins de semana de teatro afeccionado en Vedra, encargándonos nós de todo”. ¡Uf! Ambicioso... si... pero, ¿por que non intentalo? E fixémolo posible. O que era cousa de tolos para algúns, porque non lle vían futuro (“o teatro en Vedra non funciona”, “non vai arriba”, etc.) cumpriu estes días tres primaveras.
Traballiño nos custou e nos costa todo o ano, que os grupos que veñen actuar non se pagan sós, non. Páganse con cartos da Asociación (que non ten ánimo de lucro) ou con intercambio de actuacións. E non só iso, senón que tamén corre á conta de Papaventos, coa axuda de Ullán (outra asociación cultural vedresa), o labor de armar a caixa negra, o son, a iluminación, etc. Por non falar da busca e captura de grupos de teatro que poidan actuar nas datas que escollemos para a mostra, e atendelos e...
¿Podería ofrecer algo semellante o Concello? As palabras do Concelleiro de Cultura son rotundas: NON. Aínda así, en canto á axuda pola súa parte, canto menos poidan abrir a man, mellor. É máis cómodo lavalas. Non lles basta con ver a numerosa asistencia cada día a Teatrofilia, o traballo que nos supón e o contenta que está a xente coa mostra. E non é que o diga eu. Son palabras dos veciños que veñen ó teatro, opinións que se recollen en enquisas. Despois, sempre hai algún "Yony" que se confunde de xeito soberano... O que hai que aguantar ás veces!
Pero eses pequenos detalles, non son nada comparados coa ledicia que sinto ó vivir Teatrofilia dende dentro e tamén como espectadora. É unha das actividades das que máis orgullosa me sinto de participar. Os bos momentos que me dan esas catro fins de semana (tres sabían a pouco), non mos quita nada nin ninguén. Xa non só é porque o tema vaia de teatro, senón polo tempo que paso cos meus compañeiros, ós que quero moitísimo. E tamén por ver que os sorrisos da xente recompensan o esforzo e porque os feitos evidencian que as palabras de quen noutrora nos acusou de ilusos xa non teñen sentido.
Moitos piden Teatrofilia todo o ano. Sería demasiado... pero eu tamén a botarei de menos.

Seguirei contando algunhas cousiñas máis.
6 Comments:
At 5:53 p. m.,
cneirac said…
De novo teño que darche a noraboa, esta volta polo labor que estades a facer a pro do teatro e da xente desde ese fermoso recanto do País no que vivides.
Parabéns!
At 5:08 a. m.,
acedre said…
Lese nas tuas palabras que es unha enamorada do teatro e admirote por iso porque sempre tiven un chisco de envexa pola xente que sabe facer algo para o que eu son un perfecto negado.
Que teatrofilia siga adiante e que consigades mais apoios anque venhan do concello.
Gracinhas polos nomes engadidos a lista.
At 7:22 p. m.,
Elianinha said…
Eh! Eu aínda me estou a repoñer... Traballamos coma bichos. E aínda non contaches que temos mascota oficial??? O ratiño teatreiro que nos apareceu polo local: está lustroso, gordiño... áxil. Corre entre as pernas de María que dá gusto. Ah ah ah!
Estou moi moi moi moi orgullosa de Teatrofilia. E tampouco comentaches o peche de luxo que tivo esta edición: Anisia e Xosé Neira Vilas. Unha auténtica pasada. E que máis dá que o concellal non o saiba apreciar? Máis para nós. Estou tamén moi orgullosa do público, se non fora por eles que cada día estiveron alí, non tería sido o mesmo. Sigo procesando enquisas, eh. En breve haberá estatísticas.
Por certo, que segundo as enquisas estou estupenda, eh, non se esquecer, jajaja.
At 11:48 p. m.,
María M said…
¡¡Que asco de rato!! Arggg... Eli, como presidenta de Papaventos esíxoche que leves a cabo unha política de desratización para a mellora das condicións de traballo dos artistas. Polo contrario, encabezarei unha revolta sindical no sector. A SGAE será un problema menor comparado conmigo, ¡¡jajajaja!! (risa maléfica)
At 10:11 a. m.,
Elianinha said…
Pero mariquiña, se o rato mesmo te quere, que pasa silenzoso ao teu lado para que non te alteres. Ademais, resulta moi simpático verte como empezas a quedarte sen respiración, en silenzo e pálida pálida, mentres te subes a un banco (que está a piques de romper polo laborioso traballo que as polillas fan no local).
En fins, prometo que levareille ratibron (nin rata nin rato), pero que conste que me dá moita pena.
At 3:36 p. m.,
*Sara said…
Calidonia e Acedre, moitas gracias!! :)
Eli, temos pensado escribir unha nova entrada sobre Teatrofilia (seguramente no blog de Papaventos), para falar desas cousas que non esquenceremos relacionadas coa III Mostra. E, como non, o pequeno ratiño, Neira Vilas e Anisia, etc., estarán na lista. ;) Paciencia!
Publicar un comentario
<< Home