Dous días "mu guapus"
A este paso, Asturies deixará de ter segredos para min. Outra vez se me presentou a oportunidade de coñecer algún novo recuncho desa fermosa terra veciña e, como me encanta viaxar, non ía desaproveitar a ocasión para escoitar a graciosa fala dos asturianus (encántame!). Aínda que nada máis fosen dous días e tivera moito, pero moito, traballo por diante...
Así que marchamos meus pais, meu irmán, María (¿cómo negarlle a oportunidade de ir a Ikea, tendo a súa nova habitación a medio amoblar?) e eu. Despois dunha cola quilométrica á altura de Navia, tiramos ata Avilés para comer. Demos cun restaurante que gozaba de boa presenza, pero a compañía das mesas veciñas (en concreto dunha) non o era tanto... Case mellor omito a desagradable imaxe da que fomos testemuñas...
A tarde do xoves, foi todiña ela para Ikea e para os brazos do consumismo. Esaxero. En realidade, creo que eu fun máis observadora que outra cousa, e que María mercou o que levaba previsto e o que necesitaba. Ademais, alí mesmo quedamos con Antón, un amigo de Vedra que ten familia en Lugones e que quixo achegarse para facernos compañía. Levounos a un centro comercial xigante, moi moi bonito e servicial (nin punto de comparación con Área Central, vamos). Máis tarde, uníusenos a súa familia, que se portaron como auténticos anfitrións conozco: indicáronlles a meus pais onde podiamos durmir, leváronnos a cear, de bares... ¡Moitas gracias, Antón! E á túa familia tamén, por suposto.
Despois dun día xenial, quedábanos outro por diante, xa poñendo rumbo á nosa terriña. Paramos en Cudillero, unha vila mariñeira preciosa onde as casas, pintadas de cores moi vivas, están dispostas a xeito de anfiteatro. ¡Que bonito é!
A viaxe seguiu trancurrindo con normalidade, ata que chegamos a Chantada. Vimos un letreiro anunciando unha fervenza e, malia que ninguén de por alí sabía onde se atopaba exactamente (o único que logramos saber foi que estaba a 15km de distancia), decidimos ir ver se a atopabamos. Viva a aventura! Despois de dar mil voltas polas montañas luguesas, só atopamos varias aldeas desas de tres casiñas, por onde semella que non pasou o tempo, o embalse dos Peares... Pero da fervenza, por suposto, nin rastro. Aínda así, ese percorrido polas entrañas do interior galego tivo o seu encanto. Case tanto, coma o sabor do pan de Cea que mercamos...
En fin, dous días moi ben aproveitados. Agora, agardo que a terra dos mineiros e das xanas volva facerme unha nova invitación para seguir coñecendo máis rinconciños dela. María, xa ves que aceptei a túa “invitación baixo presión”, pero se tés ganas de contar algo máis...

8 Comments:
At 5:51 a. m.,
acedre said…
Eu cando fun a Ovieu quedei flipado coas montanhas con neve arrodeando a cidade e o que me encantan son as "paneras", os horreos asturianos. Xa quixera eu ter un e amoblalo no Ikea...
Un saudo.
At 10:44 a. m.,
Elianinha said…
o señor ikea tenlle que estar moi agradecido a maría pola publicidade gratuíta que lle fai...
At 8:04 p. m.,
amarante said…
"Case mellor omito a desagradable imaxe da que fomos testemuñas..."
conta conta!!
At 10:49 p. m.,
Anónimo said…
Te lo cuento yo. Era un señor de unos 50 años que se hurgaba la nariz y se comía sus "tesoros" de aperitivo. Maniobra que repitió varias veces hasta que llegó el primer plato. ¡¡Dios!! Es recordarlo y me abro en arcadas, argg :-/
At 12:37 a. m.,
amarante said…
grazas, tes razón, poderiamos telo obviado
:)
At 5:20 p. m.,
Anónimo said…
Blogger, buscaba hoy una experiencia agradable del
blog en descargar y encontré su Web site. el Dous días
no era exactamente lo que buscaba pero consiguió mi
atención e interés. Veo porqué llegué en su Web site
excelente cuando buscaba para la información
relacionada descargar y estoy alegre yo aunque su no
un exacto cupe. Muchas gracias!
At 9:01 p. m.,
Unknown said…
Non hai nada como poder viaxar... Se por mín fose, collería o coche e non pararía. Lástima non ter cartos e tempo suficiente! ;P
At 12:57 a. m.,
amarante said…
joder, como avanza o spam e a publicidade en internet..
Publicar un comentario
<< Home