Mundo á parte

31 marzo, 2006

Os homes só contan até tres

SE POLO TEU AMOR FOSE
POR AMOR EU MORRERÍA,
POIS TAN CERTO COMO A MORTE
NOS ESPERA NAS ESQUINAS
MORRER CONTIGO É A VIDA.

AMOR, BICAS CANDO MIRAS.
SE TE AUSENTAS, MARTIRIZAS.

A. Lopo


Estes versos cantados por Ugia Pedreira son o telón de fondo da última montaxe teatral con tintes de "performance" de Factoría Teatro.
Helena, unha das protagonistas, sométese con resignación ás catro paredes do piso onde convive con Luísa, súa irmá, sen mostrar interese por nada que estea do outro lado. Namentres, Luísa triunfa con orgullo á súa conta como dramaturga e actriz, levando unha vida de aparente plenitude.
O mundo destes personaxes antitéticos sofre un cambio cando Nico, o novo mozo ademais de compañeiro de reparto de Luísa, entra nas súas vidas. Si, nas súas vidas, porque convivirá con elas e irá descubrindo o xeo e a insensibilidade que hai baixo a pel da muller da que cría estar namorado, á par que verá en Helena todo o que Luísa era incapaz de darlle: amor e compresión de verdade.

A pesar de que se deixan levar pola paixón aproveitando unha viaxe de Luísa, hai algo máis forte que os sentimentos de Nico e Helena: a obsesión desta pola súa irmá, o amor e admiración que lle ten. Luísa representa un poder tan forte e destructivo para Helena, que a anula, convertindo a súa inseguridade en veleno mortal.
Non só na ficción existen persoas como Luísa ou Helena. As relacións baseadas nesta especie de poder incontrolado dunhas persoas sobre outras, e máis aínda, se van acompañadas de sentimentos, poden supoñer a destrucción dun mesmo.

5 Comments:

  • At 5:35 a. m., Blogger acedre said…

    Ai o amor e as paixons...muito se fala del e non deixa de sorprender.

     
  • At 12:53 p. m., Blogger Nemeth said…

    a obra parece moi interesante. onde se representa?

     
  • At 3:15 p. m., Blogger *Sara said…

    Pois si, Acedre, o mundo destes sentimentos, igual de anceiados que odiados, semella inabarcable. Sempre quedará algo por dicir ó respecto.

    Nemeth, de momento tanto hoxe coma mañá aínda está na Sala Nasa, en Santiago(www.salanasa.com).
    Un saúdo! :)

     
  • At 11:07 p. m., Blogger amarante said…

    A destrucción dun mesmo...eu xa o vivín nas miñas carnes.

     
  • At 12:23 a. m., Blogger Nemeth said…

    xa non chegarei... mágoa
    graciñas polo teu comentario. Marilyn (e Ava, por exemplo) eran estrelas que de tan potentes que eran, aínda non deixaron de alumar...

     

Publicar un comentario

<< Home