Mundo á parte

22 marzo, 2006

Día da poesía

21 de marzo

Nós, Eduarda, nunca estivemos no ventre da balea, tampouco a cazamos. Somos operarias, sangramos as mans no peixe e nas súas redes. Nós abastecemos as despensas de coidados, por obriga e por "destino natural". Mantivemos os corpos sometidos ás regras da mirada patriarcal, axustados ás prácticas impostas, persguidoras da moral. Tecemos soias estas teas. Nómadas en tránsito cavamos na terra que nunca posuimos e no idioma, cultivamos o centeo e fomos controladas polos seus fillos máis agrestes. (...) Agrarias e cyborgs en desorde desafiamos as normativas do desexo, tan político o pracer. Debandamos as cartografías dos plurais, o seu tránsito e as fugas, socavamos os discursos, transgredimos ou cedemos, tomamos as medidas desa autoridade, desfacemos as costuras e berramos consumidas desta furia: non hai patrón, Eduarda, non hai patrón! (...). Ana Romaní.

Hoxe foi día da poesía, pero tamén día de homenaxe a Rosalía e a tódalas mulleres. Gustoume vestir de muller do S.XIX, repartir flores cor violeta e bailar ó son de pezas tradicionais. Gustoume recitar un fragmento da Alborada e ver como caía a chuvia ó son de Lela, que levaba sabor de acordeón. Gustoume sentir a letra escarlata tatuada no meu peito co lume dos versos de Mónica González, e do meniño que levaba nela. Gustoume coñecer a Ofelia Nieto e ás Marías en persoa, escoitar a fermosa voz de Najla Shami dende o Arco de Mazarelos e ver á propia Rosalía lembrando os seus tempos de actriz. E tamén foi emocionante ver diferentes mulleres relacionadas coa cultura recitando poemas rosalianos cheos de forza e sentimento, á beiriña de onde descansa a propia poetisa. Alí, na capela de Bonaval, xunto con Castelao e Alfredo Brañas.

10 Comments:

  • At 6:06 a. m., Blogger acedre said…

    Dende logo co ese repertorio e co ese escenario ten que ser unha experiencia marabillosa.
    Aledome por ti.
    Un saudo.

     
  • At 10:26 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Antes que nada, Sara, gustaríame felicitarte polo teu blog e pola sensibilidade coa que está impregnado. Sempre tiven unha mala impresión da xente da nosa facultade, pero lendovos a ti, a Mariquinha et al aínda vou a ter que cambiar de opinión. Alédome de descubrir de que a xente que me rodea non todos son uns autómatas ególatras e descreidos, senón que tamén hai personiñas coma vos: con ilusións, con sentimentos, con anceios e inquietudes vitais, entrañables. Por todo iso, noraboa. Grazas por facerme cambiar de opinión

     
  • At 12:22 a. m., Blogger *Sara said…

    Moitas gracias, Acedre. A verdade é que foi unha experiencia moi bonita e gratificante. Eu non fun máis que unha minúscula peza da engranaxe, "nada", en comparación con todo o que se fixo, pero síntome orgullosa e contenta por ter participado en algo así.

    Gio, non sei quen es, nin ata que punto nos coñeces a Mariquinha e a min, pero moitas gracias polo teu comentario :). Eu penso que na nosa facultade hai moitas persoas, máis das que parece a simple vista, que valen a pena pola súa forma de ser. E por desgracia, ególatras e descreidos non faltan en ningures. ¿E ti non tes blog? ;)

     
  • At 9:41 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Gracias a ti, Sara. Non vos coñezo en demasía, pero sí o suficiente para saber que sodes boa xente. Coido que tes razón. Reformulo a miña opinión: sí que hai xente valiosa -persoal e tamén profesionalmente- no que nos fan crer que é a nosa facultade cando no fondo sospeito que se trata dun frenopático, pero pouca. Ou igual é cousa de que me estou facendo un rixoso ;) Non, non teño blog. En principio non teño pensado facelo, pero pode que dentro de cinco minutos cambie de opinión...

     
  • At 11:49 p. m., Blogger *Sara said…

    Jaja, pois se se che dá por aí, agardo que avises. Deixáchesme intrigada... :)

     
  • At 11:20 a. m., Blogger Elianinha said…

    Que molladura... e que cheiro a leite...

     
  • At 10:11 p. m., Blogger acedre said…

    Gracinhas pola felicitacion que foi no seu tempo que o embarazo non se acaba tan pronto.
    Entendo a tua falla de tempo cos estudios e coa vida "real". Todos debemonos ao mundo real. Non ?.
    Un saudo.

     
  • At 10:33 p. m., Blogger Nemeth said…

    grazas pola crónica para os que non poidemos asistir. e parabéns polo blogue. visitareino decote.

    apertas

     
  • At 2:49 p. m., Blogger Elianinha said…

    Ola!
    Acaba de ensinarme Gago o que fixeron en Cultura Galega co de RosalíaS.
    http://www.culturagalega.org/extra_galeria.php?titulo=De+paseo+con+Rosal%EDa&id=16284&id_nova=7725&&index=0

    É unha galería multimedia, con foto e vídeo que se descarga ultrarrápido. Mola. Que molladura!!! (De auga e de leite, lembras?, JAJAJA!)

    Fíxate no comentario, o de "garridas mozas" está moi simpático.

     
  • At 12:06 a. m., Blogger *Sara said…

    Jajajjaaja! Que gracioso, mimadriña!! Nos aí, atrapadas na rede, e eu sen sabelo... XD Gracias, nena. É bonito ter un recordo así ;)

     

Publicar un comentario

<< Home