Mundo á parte

06 marzo, 2006

Aplausos, por favor...

¡¡Un aplauso para todos os que temos que estudar oito temas repletos de parágrafos como este (e sen posibles variacións nin sequera de signos ortográficos)!!:

Entendemos por Xornalismo Especializado aquela disciplina científica que estudia o proceso de selección, interpretación, valoración e produción das mensaxes informativas de actualidade que, estructuradas nun contexto de causalidade múltiple e interdisciplinar, e valéndose dun discurso coherente, obxectivado, comprensible e intersante, divulgan a través dun medio de comunicación e a públicos amplos as distintas especialidades do saber humán, coa fin de dotar de sentido global á realidade e satisfacer, eiquí e agora, a demanda de coñecementos que serven para interpretar con visión de futuro a complexidade do mundo actual.

E un aplauso para ti tamén, se é que fuches quen de chegar ata aquí...

Eu non podo máis.

11 Comments:

  • At 2:53 a. m., Blogger cneirac said…

    Ánimo e dálle. Logo xa o celebrarás como se merece, por exemplo recitando o susodito parágrafo a dúo e a capela tumbada na praza do obradoiro mirando cara a Sirius por riba do Reitorado...

    Era unha idea! ;-)

     
  • At 3:05 a. m., Blogger María M said…

    É o único que me sei para o exame. :"(

     
  • At 3:12 a. m., Blogger *Sara said…

    Jajaja! Calidonia, apuntarei esa idea, si señor ;)
    E gracias polos ánimos, pero ás veces as neuronas non dan máis de si, sobre todo, ante algo que non lles gusta nadiña... :(
    Pero resistirei...Que remedio.

     
  • At 7:39 p. m., Blogger Mariah said…

    Vamos sara que tu puedes!!!!! ;)

     
  • At 5:09 a. m., Blogger acedre said…

    Non merezo un aplauso que non fun capaz de lelo. Dende logo, os estudiantes tendes o voso merito.
    Un saudo e animo. Quizas se escribes todolos apuntamentos nun blogo, quiza asi che quede na cachola, ha, ha.

     
  • At 9:38 a. m., Blogger Elianinha said…

    jajaja...Pois imaxina cando o estudias por cuarta vez.

     
  • At 3:53 p. m., Blogger *Sara said…

    Gracias a todos polos ánimos, pero en serio que isto é do peor e lévoo mal.

    Acedre, se transcribira aquí os temas de XE, sería un asasinato blogueiro. Non creo que houbera Xigas capaces de soportar tal cousa, precisamente polo "pesada" que é asignatura :S E nin eu aprendería nada nin vós me visitariades máis, xD.

    Eli, ánimo que á cuarta vai a vencida ;) Mariquiña, ánimo a ti tamén.

    Só quero que chegue mañá á tarde para liberarme por completo. Ademais, é o Día Internacional da Muller Traballadora :)

    Un biquiño a todos!

     
  • At 4:05 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Pois case me dá un mareo a metade de camiño. E eu que cría que cos “tenemos de mejorar los ratios de venta, reduciendo la subcontratación para el alza del margen bruto en el resultado acumulado” que espeta o meu xefe a diario polo pracer de demostrarnos que el sabe motiiiiiiiiiiiisimo máis que nós (no fondo non ten nin puta idea de qué di) xa tiña callo feito, e xa nada podía asustarme. Pero vexo que hai cousas peores.
    Un saúdo

     
  • At 7:23 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Eu apláudoche e apláudome, pero é un auténtico c... que fai odiar o estudio. Tes razón, pero canto antes empeces, antes acabarás...
    Sorte e ánimos.
    Bicos.

     
  • At 10:14 a. m., Blogger Unknown said…

    mi má... creo que tardei como unha hora en meterme na cachola ese parágrafo o ano pasado... ánimo, que se eu puiden superalo, calquera pode :P

     
  • At 9:32 p. m., Blogger *Sara said…

    Xa está. Non me saiu para tirar cohetes nin moito menos. Agardo calquera cousa.

    Alomenos boteino fóra, aínda que nada máis sexa por uns mesiños...

    Agora xa podo mirar con total indiferencia o grosor dos apuntes sen que me poñan enferma :D

     

Publicar un comentario

<< Home