Mundo á parte

05 enero, 2006

Queridos Reis Magos:


Lembro cando, en 1º de primaria, unha mala pécora con nome de princesa monegasca me dixo que non existiades, igual que o Ratiño Pérez e Papá Noel. Cabreeime con ela e díxenlle que o do Rato Pérez e Papá Noel podía ser, pero vós... ¡de ningunha maneira! Porque cada 5 de xaneiro vos deixaba un vasiño de leite e bebiádelo todo. A cambio, pola mañá atopaba enriba dos meus zapatos os vosos regaliños...
Pero a dúbida e o disgusto non me deixaron tranquila, así que nada máis chegar a casa, pregunteille á miña nai se era certo iso de que "vós" erades "eles": os pais. Con rabia e botando pestes contra a mala pécora que non tivera piedade da miña ilusión (eu só tiña uns 5 ou 6 aniños), miña nai non tivo máis remedio que dicirme a verdade... Entristecinme por un momento, pero entendino. Aínda así, non me resistín a perder a ilusión. Creo que, en boa parte, foi gracias a ter un irmán pequeno que me contaxiaba esa inquietude e nervios alegres, porque, por suposto, eu gardei o voso segredo.
Despois de 15 anos sabendo que non sodes reais, e mesmo tendo eu que cumprir co voso labor, cada ano sigo tendo cosquilleos cada vez que esperto o día 6 e corro a mirar os paquetiños que hai enriba do meus zapatos. Pero, á parte deses paquetes, cada ano traedes un regalo tan inmaterial como a vosa existencia: a maxia dun día de ilusión e sorrisos compartidos para a maioría.
Que así sexa para todos vós. Feliz 2006

1 Comments:

  • At 11:46 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Los Reyes Magos existen!!!!!!!!! Que me estas contando!!!!!!!

    Yo tarde mucho hasta los 9 o 10 años creo. Si, yo ya lo sab'ia, me lo dec'ian en el colegio (que cabrones son los niños)y ademas lo tenia le'ido porque, si soy atrasado para algunas cosas para otras siempre fui muy adelantado! El caso es que era impagable ver a mis padres escondiendo los regalos, a mis abuelos corriendo por casa, a mis t{ios riendo, a mis primos pequeños baboseando mis juguetes y a mis primos mayores resakosos pero con cierta cara de envidia.

    Y sigo creyendo!!, porque es cierto que la gente aparenta lo que no fue durante todo el año y falsas amistades parecen veraderas, pero en esos 5 minutillos de felicidad sigo viendo a Melchor,Gaspar y Baltasar

     

Publicar un comentario

<< Home