Hai motivo

O mellor, sen dúbida, o sábado. Esa actuación nos Tilos, as risas, os aplausos, os amigos, a cea, a maneira de pintar o mono e... o ben que o pasamos, en definitiva. O teatro, como dicía Inés (unha das miñas compañeiras), é unha terapia estupenda capaz de substituir á que che pode ofrecer un psicólogo. Eu non sei se é certo, porque nunca fun a ningún psicólogo, pero si que creo que todos os que formamos o grupo nos sentimos felices por estar xuntos en algo tan fermoso. Pasamos momentos tan bonitos e alegres... Por certo, hoxe tivemos eleccións. "Menda" saíu secretaria, aínda que vai contar coa axuda dun bichiño. ¡Ah! E preséntovos á nova presi, jeje. María G. é a Vicepresidenta, así que, exceptuando a Antón, que saiu Tesoureiro, en Papaventos podemos dicir ¡mulleres ao poder! ;o)
Agora toca volver á realidade. Só de pensar na semaniña que nos queda... pero o caso é ir tirando, vivir o día a día cunha certa perspectiva de futuro (para que non nos colla de imprevisto) e intentar buscar sempre algún motivo polo que sorrir, que seguro que o hai.
2 Comments:
At 10:07 p. m.,
María M said…
La fumatta blanca salió por la chimemea de la hermandad y todos los allí congregados gritaron: ¡¡¡Habemus Presidenta!!!
At 10:52 p. m.,
Mariah said…
A mi la semana se me está haciendo eterna...paso mas tiempo en la facultad que en mi casa por la mañana en clase y por la tarde estudiando en la biblioteca. que le vamos a hacer. Un besote!! ;)
Publicar un comentario
<< Home