Mundo á parte

30 diciembre, 2005

Que vivas un bo 2006

No medio de tanto consumismo, de persoas ás que lles gusta o Nadal e outras moitas ás que non, estas son datas nas que a bastante xente se lle dá por reflexionar. É agora cando a moitos se lles ocorre iso de facer balance do vivido ao longo dun ano que remata. A boas horas, ¿non? Que se foi bo por isto, que se foi malo polo outro... Pero xa non hai volta atrás.

Que queres que che diga... cada quen, alá coa súa forma de pensar, pero a min non me gusta iso dos balances anuais. Penso que tódolos anos teñen cousas bonitas e outras que o son menos, e que, ás veces, algo importante, malo ou bo, que che pasou, eclipsa o resto das túas vivencias e iso é o que fai que digas “este foi o meu ano” ou todo o contrario.
Eu prefiro non encasillar como foi este 2005 para min. Coma ti, seguramente, vivín cousas mellores que outras, pero penso na maneira en como remata o ano para min e sei que teño motivos para sorrir. Teño saúde, unha familia completa á que quero e que me quere, o mesmo me pasa cos amigos... Faltaranme cousas que moitos outros teñen, como non, e sempre se pode pedir máis, -quen non chora, non mama-, pero con tal de que o 2006 chegue ao seu fin igual ca este ano, conformaríame. Sei que outros teñen moito menos.

E, como por desexar que non sexa, agardo que ti teñas tamén unha feliz saída deste ano e unha mellor entrada en 2006, que vivas cada día coma se fose o último e que non che falten motivos para sorrir. Un abrazo. Comeza a conta atrás ;)

2 Comments:

Publicar un comentario

<< Home