Mundo á parte

07 diciembre, 2005

Cando os recordos te visitan...

Hai momentos no que rematas algo na túa vida. Unha amizade, un amor, unha viaxe, un curso de algo, o que sexa. Entón, dáseche por pensar que as persoas que coñeciches e coas que compartiches esa etapa que acaba, quedarán para sempre como lembranzas. Que flotarán no medio dos demais. Nunca máis volverás telos presentes de xeito físico, senón que ficarán coma o que son -ou iso cres ti-: recordos inmateriais.
Pero a vida é caprichosa e, de súpeto, máis veces das que esperamos, dáselle por sorprenderte. Aquilo que pensabas que tiñas arquivado, ese recordos, esas persoas... aquela etapa, aparece de repente. Saúdate tocándoche con timidez o ombro ou, pola contra, dache un bo susto. Entón, unha explosión de sentimentos rodéate. Mergúllaste nunha experiencia pasada e, cando xa é tarde, daste de conta de que rescataches algo dela para traelo ó presente. E fas balance, un balance entre o que ten sido a túa vida e o que é, o que gañaches e o que perdiches, o que poderías ser hoxe e o que vas poder ser...
Así, atoparte con algo que che lembra un tempo vivido, pódete facer sentir frustrada, triste, alegre, melancólica, optimista... pero é algo que, polo menos a min, nunca me deixa indiferente. ¿Os recordos son o pasado?

3 Comments:

  • At 2:41 a. m., Blogger *Sara said…

    Estou moi contenta porque xusto ao publicar esta entrada, "mundo á parte" recuperou a súa apariencia "normal": xa volve ter na parte superior todos os links, os post, etc...
    ¿Será que lle toquei a membrana do pasado a blogger.com? Ja!

     
  • At 8:42 p. m., Blogger María M said…

    Pois filla, non é por fastidiar pero eu non os vexo aí arriba, jaja

     
  • At 8:52 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Hola Blogger, conocido hacia fuera estoy
    practicando surf la tela para la información más
    última sobre melodias polifonicas y noté su sitio agradable.
    Aunque el Cando os recordos te visitan... no era lo que buscaba él consiguió
    exactamente ciertamente mi atención. Ahora veo porqué
    encontré su página cuando buscaba la información
    relacionada melodias polifonicas y soy emocionado yo encontré
    su Web site aunque su no un fósforo perfecto. El gran
    poste, gracias por su sitio informativo.

     

Publicar un comentario

<< Home