Mundo á parte

03 diciembre, 2005

36 horas

Tantas cousas que contar e nada en particular... A ver: comezamos decembro, quedo case tódolos días con grupos diferentes para traballar, cabréome pola falta de responsabilidade e de compañeirismo dalgúns colegas, sigo indo a teatro, presenciei un dos primeiros temporais fortes do inverno... Vaia, cousas dunha estudante normal con algunhas novidades irrelevantes (exceptuando a falta de responsabilidade de certos compañeiros, que é algo que me toca bastante a moral...)
As miñas últimas semanas pasan voando. Os estímulos que percibo son basicamente a hora á que soa a alarma para levantarme, cando me entra fame e cando penso "estou cansa, ¡quero ir para casa xa!".
Supoño que terás pasado pola mesma situación, que ata pode que esteas así agora mesmo e, non sei a ti, pero a min non me gusta isto. Non me gusta caer nesa rutina que me fai sentir coma un robot programado, tódolos días coas mesmas funcións. Por iso intento facer sempre algo que non sexa por obriga, algo que me apeteza dentro das miñas posibilidades, claro está. Dá igual se un día é durmir un ratiño máis, tomar un café ou ler unhas páxinas dun libro que non teña nada que ver con ningunha asignatura, en vez de aproveitar para traballar, buscar información, etc.
Ao mellor o que preciso é un día de 36 horas ou así para dar feito todo, tanto o obrigatorio coma o que non o é... Onte estiven rematando un traballo ata as 3 a.m. da mañá, supostamente para entregar hoxe... ¿e que pasou? ¡Que ía pasar...! "Ah, xa falaremos dos traballiños eses que tiñades que traer preparados de hoxe en 15 días". ¿Cabrearme? ¿Pa' que? Sería case unha "obriga", pero como non me apetece...

3 Comments:

  • At 4:38 p. m., Blogger Elianinha said…

    Ás veces paréceme que o mundo xira demasiado á présa para min, e que me estou a perder tantas cousas.

     
  • At 6:56 p. m., Blogger Unknown said…

    Son demasiados os días nos que me sinto un robot ou coma aquel persoaxe de película atrapado nun día que se repetía nun bucle infinito. Entre algúns compañeiros e profesores, creo que rematarei a carreira cunha úlcera. Pero estou aprendendo a non dárlle importancia, porque hai intres na facultade que me fan ver a sorte que teño de ter tan boa xente ó meu arredor, física ou virtualmente :D!!

     
  • At 3:55 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Ai Sariña, que ben te comprendo no do compañeirismo... e tamén no das 36 horas, ás veces semella que necesitamos días tan longos como un vida, está claro, queren acabar con nós... Pero RESISTIREMOS!!!

     

Publicar un comentario

<< Home