Mundo á parte

31 octubre, 2005

Sariegu muévese!!

¡Que viaxe tan bonita! Sariegu é un pobo asturiano encantador... tanto a xente como o lugar só merecen boas palabras. O venres á noite saímos con moita ilusión: pois era a primeira vez que o noso grupo de teatro saía "ao estranxeiro". Serían unhas 5 horas de viaxe en bus, pero iso non nos importaba nin o máis mínimo. ¡Eramos máis de 30 persoas dispostas a facer festa onde fixera falta! Aínda que despois, quen máis e quen menos, preferiu durmir, ver a tele, falar...
Cando chegamo, aí polas 2 da mañá, fomos directiños ao albergue que os de Sariego (que xa viñeran a actuar a Vedra en abril e cos que fixeramos boas migas) nos tiñan preparado. Case todos durmimos repartidos en 4 habitacións, pero, iso si, mal repartidos: na miña eramos 14!! O melloriño de cada casa... Pero coa idea de Mariquinha (ou máis ben a orde, jeje) de deixar os zapatos no corredor de fóra, non houbo problema nin de olores nin nada, jaja.
Sábado foi un día moi completo. Vimos como se mallaban as mazás para facer a sidra, comimos xenial, fomos ata o Monte Fariu, que tiña unhas vistas preciosas, montamos a estructura, os focos y demás para actuar... E fixo un tempo boísimo!!! Andábase xenial de manga curta, mentres en Galicia, segundo nos contaron, corría a chuvia polos tellados abaixo dunha maneira... E o lugar pareceume moi bonito, rodeado de montañas redondiñas e verdes que parecían debuxadas, con casiñas de cores moi vivas, unha praciña que me fixo lembrar á de Barrio Sésamo... jajaja!!. E os asturianus un encanto. Portáronse de marabilla connosco e estamos desexando que volvan pronto a Vedra e repetir a experiencia de pasar xuntos unha fin de semana.¡É incrible o bo rollo que se puido amontonar nun par de días!
Bicos saíu... ¡xenial! Á parte, nós tamén o pasamos realmente ben. Cremos que foi unha das mellores representacións de Bicos ata o momento. Iso que estabamos máis ben cansos... Pero o público animounos tanto que nos deu ¡¡¡subidón, subidón!!! jaja. Ademais, como tivemos que facer a obra en castelán, logo de estar acostumados a representala en galego, tivemos cada metedura de pata máis simpática...Por exemplo:
-Júrame que isto no acabará más...
-Trabago en el Golden Man...
-Sobre todo si te pide que bailes enriba de ella...
-¿Entón...?
- La dependiente todavía le atopó otro...
-Etc, etc, etc...
¡Foi simpatiquísimo! Deume a risa algunhas veces... E algunhas das persoas que viñeron con nós dende Vedra, como miña nai, ata nos dixeron que deberiamos representar a obra por Galicia algunha vez en castelán só polo cachondeo...
Esa noite os asturianus convidáronnos a unha parrillada e fixéronos bailar e cantar con eles. Pasámolo ben, pero o cansanzo non permitiu que bastantes de nós quedaramos ata o final da improvisada festa. Así que fomos para o albergue, aínda que, como é de esperar, tardamos en durmir unha hora ou así, entre que ían chegando uns máis serenos ca outros...
E domingo xa marchamos, aínda que antes pasamos por Oviedo. Comemos no Monte Naranco e vin o Palacio prerrománico de Sta. María del Naranco que aparecía nos libros de historia da arte. Fixemos fotos ao seu lado, a pesar de que estaba prohibido achegarse, pero por unha vez que tiñamos a oportunidade...
E a volta sen problema. A viaxe en bus aínda me permitiu ver películas que me gustaron, como Robots ou Diarios de una motocicleta, así que foi unha viaxe moi aproveitadiña. ¡Quedei encantada! Non pensei que o podería pasar tan ben. Cando teña fotos, xa colgarei algunha por aquí.

3 Comments:

  • At 8:10 a. m., Blogger Roberto Iza Valdés said…

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

     
  • At 2:42 p. m., Blogger Elianinha said…

    que ben o pasamos... a verdade é que unha convivencia así é xenial. Mira que se portaron ben connosco. ademais, a compañia era agradable ;P

     
  • At 8:06 p. m., Anonymous Anónimo said…

    sariegu ye guapu, mi ma conozlo bien desde moza, la yente ye agradable -como en too asturies en xeneral. Mas nun fue agradable la visita del pasau domingu cuando juimos a comer y buscamos el tipicu barucu de pueblu con comida como la que facien les guelines y too eso. Pero que disgustu pasamos! confundimonos y metimonos en un chiringu con cuatro meses regentau por una paisana que en sin lavase ni peinase, puxonos les fabes fries, revenies y recalentaes ni se sabe cuentes veces, en sin sal, un filete mas duru que la suela de un chanclu y tamien en sin sal, les patates frites taben en sin freir per dientro pero per juera taben afumaes y tamien en sin sal. Mas tarde, brazos en jarra, riñomos porque nun i dexamos propina. Jue esta la experiencia mas asquerosa que tuvimos nunca en dingun bar. Los wateres golien a mexu desde la navida pasa y en fin...diome tanta rabia, tanta, tanta, porque encima no vos penseis que llera barato, ded eso na!a 13E. per cabeza, pos diome tantisima rabia que por eso toy aqui. Sariegu seguira gustandomos porque ye guapo, verde y ye de la mi asturias pero esa paisana ¿que fai ahi?

     

Publicar un comentario

<< Home