Mundo á parte

17 octubre, 2005

Edipo Re e... as telenovelas

Agora mesmo tería que estar facendo unha redacción sobre a relación de Edipo (si, o mítico dee Sófocles) e as noticias. Pero non dou. Síntome frustrada. Debería poder facer o meu traballo sen problemas, pero non me saen as ideas. Quizais non é culpa miña, senón do profesor. Si, si... que non soe á cantinela de sempre de que toda a culpa é deles, porque neste caso creo que non esaxero. Non é normal que esixa un traballo no que o único que tés claro sobre el é o día de entrega: "sobre la película Edipo Re, de Pasolini, estableced las relaciones entre Edipo y las noticias. Quien me haga una crítica de cine, se la tiro directamente sin leerla. Se entrega el martes". E ¡hala!, un traballiño para a colección... gasto máis tempo intentando descifrar o que quere que fagamos que se tivera que poñerme a facer algo concreto... En fin, menos mal que teño un libriño no que se me fala algo do tema... a ver se quito algo interesante polo menos.
O que vou facer é cambiar de lugar. Estou na aula de informática da miña facultade, pero prefiro marchar para a miña casiña. Alí estarei mellor. Non é pola cantidade de xente que me rodea, rindo, falando en voz alta e tecleando a ritmos de vertixinosos. Non, porque senón levaríaa clara no meu futuro traballo (toca madeira para que teña algo que ver co que estudo). Necesito espazo para extender múltiples folios de datos e apuntes que preciso mirar para facer o traballo... e esperemos que non faga unha crítica de cinema.
Falando desta aula, ¿cóntoche unha anécdota? O outro día estaba mirando unhas cousas nun destes ordenadores e, á miña esquerda, vin que había unha rapaza que se emocionaba mogollón, faltáballe pegar saltos, vaia. Non puiden evitar mirar o que tiña na súa pantalla, e... ¡sorpresa! Estaba vendo unha telenovela. Non era Paixón de Gabiáns, non... pero aparecían dous dos protagonistas da mesma. A mulleriña (logo entereime de que era unha fan loca de Bustamante,-oe, ¡igual ten un futuro brillante na Superpop!) tiña os cascos postos e non se daba de conta das risas que botaba e de cando aplaudía da emoción cada vez que un acontecemento feliz asaltaba as vidas dos protagonistas da telenovela, jajaja. ¿Estará facendo unha tese sobre a relación das telenovelas co xornalismo? Pinta... non tiña máis que a dunha fan do xénero, pero quizais ese plantexamento teña tanta lóxica (o más) como o de Edipo Re e as noticias...
P.D. Podes seguir deixando as túas ideas no post anterior sobre o paso de ecuador.¡Agradécese!

5 Comments:

  • At 6:10 p. m., Blogger Mariah said…

    Madre mia qué lio de trabajo :s no tendría ni la más mínima idea de que escribir...espero que tu tengas más suerte y te salga bien ;)
    PD: muy fuerte lo de la chica viendo la telenovela xD
    Besotes

     
  • At 7:12 p. m., Blogger hector said…

    Vexo que a mediocridade das universidades segue en boga. realmente relacionar unha peli de pasolini (pra o meu gusto so ten duas ou tres boas)é unha dor. E sobretodo se o mestre, coma puiden ler, é o mítico "soy la ostia, buscaros la vida que soys mierda". O triunfo está nun mesmo. Ánimo e sorte con Edipo rey.

     
  • At 7:00 p. m., Blogger Unknown said…

    Que recordos me traes con este post...aínda recordo cando vimos esa película con ese profesor mítico o ano pasado e non podiamos de parar de chorar coa risa (aínda que nós non nos puxo ese traballo) A cousa cando a pensas ten un pouco de sentido (moi moi no fondo) e a verdade é que moitos botamos de menos a ese profesor canoso, o único que non nos insinuou que eramos parvos, hehe

     
  • At 8:46 p. m., Blogger *Sara said…

    Gracias polos ánimos. Na miña clase tamén houbo moitas risas coa película, creo que a maioría de nós non comparte co mestre que se trate dun filme excepcional, XD. Ao mellor somos todos unha panda de ignorantes... Si que é unha persoa extravagante, deses profesores que se lembran unha vez que rematas de estudar, pero creo que preferiría 100 veces antes ter a un normaliño que non fose tan seu e que se limitara a dar os apuntes da materia (Teoría e historia do xornalismo).Hoxe púxonos outro traballo similar: relacionar unha das esceas da película "Julio César" co xornalismo, ademais de lernos un fragmento de "La España invertebrada", de Ortega. A ver que quito en limpo desta volta...

     
  • At 7:01 p. m., Blogger Elianinha said…

    Vémonos en Asturies!!!

     

Publicar un comentario

<< Home