Mundo á parte

03 octubre, 2005

Eclipse anular

Velaí un dos fenómenos máis fermosos que nos brinda a natureza. Despois de máis de dous séculos, a Lúa volveu achegarse ao Sol ata formar un precioso anel brillante que, por uns minutos, coroou os ceos galegos e os doutros lugares afortunados. Lamento non poder telo visto en directo. Unha, porque estaba en clase (o meu 1º día) e, dúas, porque non tiña medios para observalo sen perigo. Aínda así, sentín a súa presenza: o escurecemento do día, a baixada de temperaturas, a proxección de sombras estrañas... Non sei, foi un momento... místico. Un momento que non se repetirá ata dentro de 20 e pico anos e do que me alegro ter sentido os seus efectos. E, ademais, de vivir nunha época no que teño a oportunidade de ver como foi, aínda que sexa a través de gravacións ou fotos.
Para os nosos ancestros, unha eclipse era sinal de malos tempos. Dicían que traían consigo pestes, enfermidades, que afectaban ás embarazadas... Eu penso que merecería ser considerado como todo o contrario: como algo precioso (sexa solar, lunar, anular, total, parcial...) que indica que van pasar cousas boas, que a túa vida pode dar un cambio, pero positivo... Quero crelo, non me viría mal... pero o tempo e o destino teñen sempre a última palabra.

3 Comments:

  • At 9:52 p. m., Blogger fonsinho said…

    quizais que o eklipse koincidira ko teu primeiro dia de klase e un sinal das estrelas... e ven a dicir que as kousas che irán ben.
    (
    1º-Queda poetiko dicir eso
    2º-Porque o mereces
    )
    BKS

     
  • At 11:41 p. m., Blogger Mariah said…

    Yo también he tenido que verlo por la tele porque Málaga no era uno de los sitios afortunados para verlo, aun así me ha parecido maravilloso y muy mágico sobre todo. También creo como tu que es simbolo de cosas buenas y no de cosas malas como se creia antes. Besos y espero que tengas un buen comienzo de clases ;)

     
  • At 10:45 p. m., Blogger Unknown said…

    Comparto a túa frustación de ter clase o primeiro día, pero xa sabes cómo é a vida dos alevíns de xornalista na facultade...Esperemos que este ano sexa tranquilo e que traia traballo para os que acabamos hehe!!

     

Publicar un comentario

<< Home