Mundo á parte

31 octubre, 2005

Sariegu muévese!!

¡Que viaxe tan bonita! Sariegu é un pobo asturiano encantador... tanto a xente como o lugar só merecen boas palabras. O venres á noite saímos con moita ilusión: pois era a primeira vez que o noso grupo de teatro saía "ao estranxeiro". Serían unhas 5 horas de viaxe en bus, pero iso non nos importaba nin o máis mínimo. ¡Eramos máis de 30 persoas dispostas a facer festa onde fixera falta! Aínda que despois, quen máis e quen menos, preferiu durmir, ver a tele, falar...
Cando chegamo, aí polas 2 da mañá, fomos directiños ao albergue que os de Sariego (que xa viñeran a actuar a Vedra en abril e cos que fixeramos boas migas) nos tiñan preparado. Case todos durmimos repartidos en 4 habitacións, pero, iso si, mal repartidos: na miña eramos 14!! O melloriño de cada casa... Pero coa idea de Mariquinha (ou máis ben a orde, jeje) de deixar os zapatos no corredor de fóra, non houbo problema nin de olores nin nada, jaja.
Sábado foi un día moi completo. Vimos como se mallaban as mazás para facer a sidra, comimos xenial, fomos ata o Monte Fariu, que tiña unhas vistas preciosas, montamos a estructura, os focos y demás para actuar... E fixo un tempo boísimo!!! Andábase xenial de manga curta, mentres en Galicia, segundo nos contaron, corría a chuvia polos tellados abaixo dunha maneira... E o lugar pareceume moi bonito, rodeado de montañas redondiñas e verdes que parecían debuxadas, con casiñas de cores moi vivas, unha praciña que me fixo lembrar á de Barrio Sésamo... jajaja!!. E os asturianus un encanto. Portáronse de marabilla connosco e estamos desexando que volvan pronto a Vedra e repetir a experiencia de pasar xuntos unha fin de semana.¡É incrible o bo rollo que se puido amontonar nun par de días!
Bicos saíu... ¡xenial! Á parte, nós tamén o pasamos realmente ben. Cremos que foi unha das mellores representacións de Bicos ata o momento. Iso que estabamos máis ben cansos... Pero o público animounos tanto que nos deu ¡¡¡subidón, subidón!!! jaja. Ademais, como tivemos que facer a obra en castelán, logo de estar acostumados a representala en galego, tivemos cada metedura de pata máis simpática...Por exemplo:
-Júrame que isto no acabará más...
-Trabago en el Golden Man...
-Sobre todo si te pide que bailes enriba de ella...
-¿Entón...?
- La dependiente todavía le atopó otro...
-Etc, etc, etc...
¡Foi simpatiquísimo! Deume a risa algunhas veces... E algunhas das persoas que viñeron con nós dende Vedra, como miña nai, ata nos dixeron que deberiamos representar a obra por Galicia algunha vez en castelán só polo cachondeo...
Esa noite os asturianus convidáronnos a unha parrillada e fixéronos bailar e cantar con eles. Pasámolo ben, pero o cansanzo non permitiu que bastantes de nós quedaramos ata o final da improvisada festa. Así que fomos para o albergue, aínda que, como é de esperar, tardamos en durmir unha hora ou así, entre que ían chegando uns máis serenos ca outros...
E domingo xa marchamos, aínda que antes pasamos por Oviedo. Comemos no Monte Naranco e vin o Palacio prerrománico de Sta. María del Naranco que aparecía nos libros de historia da arte. Fixemos fotos ao seu lado, a pesar de que estaba prohibido achegarse, pero por unha vez que tiñamos a oportunidade...
E a volta sen problema. A viaxe en bus aínda me permitiu ver películas que me gustaron, como Robots ou Diarios de una motocicleta, así que foi unha viaxe moi aproveitadiña. ¡Quedei encantada! Non pensei que o podería pasar tan ben. Cando teña fotos, xa colgarei algunha por aquí.

26 octubre, 2005

Que soñes cos delfíns


A noite anterior a esta, soñara que estaba no medio dun mar escuro e moi picado e busquei o significado do soño, por curiosidade:
MAR: Cuando en el sueño se presenta agitado y violento es que tendrá confusión, conflictos y mucho miedo. Si está completamente tranquilo es señal de tener un gran éxito en su trabajo y las relaciones familiares y de amistad están en una situación maravillosa. Un mar hermoso soñado quiere decir éxitos en todas las esferas de la vida. Bañarse en el mar es que la abundancia dominará en su vida. Soñar que se ha ahogado en la playa o en el mar y que no puede salir es el comienzo de una crisis nerviosa, de angustias y de una fuerte depresión.

Sen embargo, esta noite soñei de novo co mar, pero desta vez era o mar calmo e limpo dunha praia na que había uns delfíns moi bueniños (gústame máis chamarlles así que golfiños) e na que eu estaba con María (que acariñaba os delfíns) e coa miña familia, xogando e andando pola area. Mirando o significado "dese mar", pensei que iso dos soños é algo estraño: en 24 horas pasei de soñar algo negativo a todo o contrario, porque tamén se me deu por buscar o significado do que aparecía no meu soño desta noite. Alguén me dixo unha vez que soñar con delfíns é sinónimo de felicidade e o certo é que, ata agora, nunca me pasara (aínda que xa vos digo, a miña vida non cambiou dun día a outro...) O que atopei foi:

Soñar con un delfín es un sueño positivo. En los sueños un delfín simboliza dirección espiritual así como su propia inteligencia, capacidad mental y confianza emocional. Si utiliza toda la capacidad de su mente, tendrá éxito en la vida. Si sueña con un delfín, también puede significar que se ha establecido una línea de comunicación entre la parte consciente y la parte subconsciente de usted. Los delfines en los sueños representan su disposición y capacidad para explorar y navegar por sus emociones. Soñar que está montando sobre un delfín representa su optimismo y su altruismo social.

Soñar con la playa simboliza el encuentro entre los dos estados de la mente. La arena simboliza el proceso racional y mental, y el mar representa los aspectos irracionales, inestables y emocionales de su persona. La playa es un sitio de transición entre lo físico/lo material y lo espiritual. Si sueña que está en la playa mirando el mar, quiere decir que posiblemente van a ocurrir cambios importantes en su vida. Si sueña que está en el agua mirando la playa, tal vez va a regresar a una situación o un sitio que le es familiar. Por otro lado, tal vez está en una fase de adaptación y aceptación de cambios que han tenido lugar en su vida. Si sueña que está relajado en una playa, posiblemente va a encontrar la paz y tranquilidad en los próximos días. Vivirá menos estrés.

Cuando se ha soñado con amigos significa que en el juego tendrá una gran suerte y que los viajes que realice le son muy placenteros.

Cuando se sueña con la familia esto quiere decir que tendrá alegrías y se le acerca un buen presagio.

¿Non é curioso? É un significado moi positivo en xeral. Claro que a ver que soño esta noite... Neste caso creo que preferiría que se cumprira antes o que significa ese soño antes que o soñado en si (aínda que tampouco estaría mal...).

17 octubre, 2005

Edipo Re e... as telenovelas

Agora mesmo tería que estar facendo unha redacción sobre a relación de Edipo (si, o mítico dee Sófocles) e as noticias. Pero non dou. Síntome frustrada. Debería poder facer o meu traballo sen problemas, pero non me saen as ideas. Quizais non é culpa miña, senón do profesor. Si, si... que non soe á cantinela de sempre de que toda a culpa é deles, porque neste caso creo que non esaxero. Non é normal que esixa un traballo no que o único que tés claro sobre el é o día de entrega: "sobre la película Edipo Re, de Pasolini, estableced las relaciones entre Edipo y las noticias. Quien me haga una crítica de cine, se la tiro directamente sin leerla. Se entrega el martes". E ¡hala!, un traballiño para a colección... gasto máis tempo intentando descifrar o que quere que fagamos que se tivera que poñerme a facer algo concreto... En fin, menos mal que teño un libriño no que se me fala algo do tema... a ver se quito algo interesante polo menos.
O que vou facer é cambiar de lugar. Estou na aula de informática da miña facultade, pero prefiro marchar para a miña casiña. Alí estarei mellor. Non é pola cantidade de xente que me rodea, rindo, falando en voz alta e tecleando a ritmos de vertixinosos. Non, porque senón levaríaa clara no meu futuro traballo (toca madeira para que teña algo que ver co que estudo). Necesito espazo para extender múltiples folios de datos e apuntes que preciso mirar para facer o traballo... e esperemos que non faga unha crítica de cinema.
Falando desta aula, ¿cóntoche unha anécdota? O outro día estaba mirando unhas cousas nun destes ordenadores e, á miña esquerda, vin que había unha rapaza que se emocionaba mogollón, faltáballe pegar saltos, vaia. Non puiden evitar mirar o que tiña na súa pantalla, e... ¡sorpresa! Estaba vendo unha telenovela. Non era Paixón de Gabiáns, non... pero aparecían dous dos protagonistas da mesma. A mulleriña (logo entereime de que era unha fan loca de Bustamante,-oe, ¡igual ten un futuro brillante na Superpop!) tiña os cascos postos e non se daba de conta das risas que botaba e de cando aplaudía da emoción cada vez que un acontecemento feliz asaltaba as vidas dos protagonistas da telenovela, jajaja. ¿Estará facendo unha tese sobre a relación das telenovelas co xornalismo? Pinta... non tiña máis que a dunha fan do xénero, pero quizais ese plantexamento teña tanta lóxica (o más) como o de Edipo Re e as noticias...
P.D. Podes seguir deixando as túas ideas no post anterior sobre o paso de ecuador.¡Agradécese!

06 octubre, 2005

Xa soño co paso de ecuador...


El viajar es un placer... ¡Que envexa! Estes días os de 4º están de paso de ecuador por Budapest e Praga (Mariquinha e Eliana entre eles), salvo uns 10 que decidiron ir a Cuba (¡que mal rollo, ¿verdade?). De momento, a nós tócanos currar para poder facer o mesmo de hoxe nun ano. Na clase xa fixemos unha primeira reunión, ¡temos que poñernos mans á obra canto antes!... pero é difícil. Somos moitas persoas e ideas non faltan. Iso si, todo o mundo ten claro que non queremos dúas viaxes diferentes como lles pasou aos de 4º este ano. A verdade é que por un lado é triste e, por outro, patético, baixo o meu punto de vista.
Intentamos facer unha votación cos destinos, pero teremos que repetila o luns. Hai bastantes votos a favor dun cruceiro por diferentes cidades do Mediterráneo e outros a favor de Cuba. Logo, saíron países como Turquía, a India, os Países do Este... ¿A miña opinión? Non sei, é chungo decidir, encántame viaxar e hai tantos lugares que quero coñecer... Teño claro que paso de ir a un hotel de luxo ao lado da praia para torrarme ao sol, mirando por unha ventá o complexo hoteleiro e, por outra, xente morrendo de fame ou pedíndoche xabrón. E máis aínda, tendo a oportunidade de escoller algún lugar rico en cultura, arte... vamos, con cousas que ver, ademais de ter a oportunidade de pasalo ben e disfrutar igual. Non me parece mal un destino con un par de días de praia, pero se só é para iso, aforramos cartos e imos a Canarias...¿ti que cres?
O do cruceiro, se se monta guay, pode ser interesante, porque os hai que che permiten estar un par de días nunha cidade. Claro que non se pode pretender ir a un montonazo de sitios, porque senón ao final non ves nada. Outro lugar que tamén me atrae é Exipto, pero sei que nestes momentos é todo un risco ir. E Turquía tamén. Este ano era o destino dos de 4º ata que sucederon os atentados, pero, se imos a iso, calquera lugar do mundo pode ser perigoso hoxe en día, ¿non? Mesmo Santiago... Uhm... Grecia debe ser precioso tamén, Italia, México... ¡Ai! Quen fora rica, jajaja. ¿Queres recomendarme algún lugar, propoñer algunha viaxe bonita para un paso de ecuador...? E, de paso... ¿ocórreche algunha idea orixinal para recaudar cartos? ¡Gracias!

05 octubre, 2005

"Non hai profesorado para cubrir unha baixa"

Buf, estes primeiros días de facultade xa están dando bastante que falar. Polo de pronto, unha das asignaturas deste cuadrimestre xa non nola pode dar a profesora habitual porque está de baixa (algo ao que tódolos traballadores teñen dereito). O caso é que levamos 3 días esperando a saber quen sería o sustituto/a e, a pesar de que corrían rumores de que ía ser Víctor F. Freixanes, cal non sería a nosa sorpresa cando hoxe entramos na clase e tiñamos este aviso no encerado:
"Por falta de profesorado, a asignatura de Políticas de Comunicación e Identidade Cultural pasa ao 2º cuadrimestre e, unha deste, ao 1º cuadrimestre. Reunión o luns co profesor Soengas".
¡Alucino! Á parte de que trastoca todo o horario, porque no 2º cuadrimestre a maior parte das asignaturas teñen parte práctica... ¿Dende cando non hai parados neste país, e máis no ámbito do ensino? E, ademais... ¡temos dereito a que nos poñan un sustituto! ¡Iso é cubrir unha baixa! ¿¿¿¡¡Como é que non hai profesorado???!! Que nos digan que non teñen cartos, que non lles dá a gana de pagarlle a outro profesor... pero por favor... ¡É indignante!

03 octubre, 2005

Eclipse anular

Velaí un dos fenómenos máis fermosos que nos brinda a natureza. Despois de máis de dous séculos, a Lúa volveu achegarse ao Sol ata formar un precioso anel brillante que, por uns minutos, coroou os ceos galegos e os doutros lugares afortunados. Lamento non poder telo visto en directo. Unha, porque estaba en clase (o meu 1º día) e, dúas, porque non tiña medios para observalo sen perigo. Aínda así, sentín a súa presenza: o escurecemento do día, a baixada de temperaturas, a proxección de sombras estrañas... Non sei, foi un momento... místico. Un momento que non se repetirá ata dentro de 20 e pico anos e do que me alegro ter sentido os seus efectos. E, ademais, de vivir nunha época no que teño a oportunidade de ver como foi, aínda que sexa a través de gravacións ou fotos.
Para os nosos ancestros, unha eclipse era sinal de malos tempos. Dicían que traían consigo pestes, enfermidades, que afectaban ás embarazadas... Eu penso que merecería ser considerado como todo o contrario: como algo precioso (sexa solar, lunar, anular, total, parcial...) que indica que van pasar cousas boas, que a túa vida pode dar un cambio, pero positivo... Quero crelo, non me viría mal... pero o tempo e o destino teñen sempre a última palabra.

02 octubre, 2005

Compartindo soidade

Onte, despois de actuar, os meus teatreiriños mais eu fomos tomar algo xuntos, como soe ser habitual. É algo que me encanta, porque, ao redor dun par de mesas, sentamos cos nosos respectivos amigos, acompañantes, fans ou o que sexa, e falamos...falamos...falamos... Podemos estar ata as tantas ríndonos ou discutindo, contándonos historias persoais ou lembrando o que nos pasou aquela vez que... En fin. Hai unha conexión tan alucinante, que quen lla dera a Rasca&Pica ou a Pin&Pon... Comparacións odiosas á parte, temos a sorte de que a maioría nos levamos xenial, a pesar de que tamén teñamos as nosas diferencias de vez en cando (dánlle vidilla ao asunto) ¡E xa van 4 anos percorrendo xuntos escenarios!
Volvendo ao de onte, un dos temas que saíu foi o das blogs. Unha das miñas compañeiras, Fina, declarouse adicta á lectura das liñas que publicamos nestes espazos os nosos teatreiriños Fonsiño, Eliana, María (linkeados á dereita) mais eu. Sen querelo, debatimos un chisquiño sobre o porqué das blogs. ¿Son diarios íntimos? ¿Cousa de adolescentes? ¿Froito do aburrimento? ¿O futuro do xornalismo independente?...
A miña blog, para min, é un espazo persoal. Cústame definilo... É un lugar no que escribo sobre cousas que me pasan, ou que pasan ao meu redor, para que ti as leas e opines, se queres. A través das liñas que deixo aquí, ti entéraste dalgunhas cousas que me suceden, aínda que, ás veces, tamén necesito escribir máis que nada para min mesma, e camuflo o que quero dicir... por iso che resulta máis difícil comprender de que falo. Por outra banda, moitas cousas que vivo non as conto aquí, como moito, só fago referencias "camufladas", como dixen. Ás veces, porque son vivencias demasiado íntimas e prefiro gardarlas para min. Ou, alomenos, non expoñelas nunha galería aberta a todas as persoas que queiran entrar, porque nunca se sabe que ollos poden pousarse por aquí... E tamén me gusta falar de tonterías de cando en vez. Se non se me ocorre poñer nada sobre min, intento buscar outros temas, aínda que sexan absurdos.
O certo é que se non me gustara escribir, nin sequera tería blog. Pero estou moi contenta de ter o meu "espazo persoal, pero non privado". Ás veces, como me pasou agora, comezo a escribir e parece que non remato máis. Síntoo por ti, que che leva máis tempo lerme, aínda que non tés a obriga de continuar ata o final. Aínda que, se chegaches ata aquí, continúa, porque polo cansanzo dos meus dedos sospeito que está preto...
Só quería engadir que isto de escribir na rede para ti/para min, ten cousas tan extraordinarias como poder compartir algo que semella imposible, como a soidade. ¿Contradictorio? Si. Pero neste momento da noite, gozo da posibilidade de estar a soas co ordenador namentres todos durmen -por certo, estar soa así ás veces é algo que me encanta, ata se agradece...- Nin sequera teño conectado o messenger. Só os meus pensamentos: só eu. En canto os leas, deixarei de estar soa . Esa soidade esvaecerase como unha pinga de chuvia no mar, e xa será soidade compartida. Encantada de que así sexa.